CONSULTAS E MEDICINA XERAL
Ofrecemos asesoramento e seguimento dos tratamentos preventivos necesarios para evitar que a súa mascota enferme. Levamos control informático personalizado do calendario de desparasitación, vacinacións, etc
CONSULTAS A DOMICILIO
Dado que estamos nunha zona rural na que o desplazamento de algunhas mascotas pode ser complicado, desplazámonos ó seu domicilio para consultas (concello de Guitiriz e próximos: Aranga, Irixoa, Friol, Begonte…). De ser necesario, encargámonos do traslado da súa mascota á clínica para realizar probas e cirurxías, para unha mellor e máis completa atención.
MEDICINA INTERNA
Coordinamos tódolos medios materiais e humanos dispoñibles tanto propios como externos para completar o estudo das enfermidades e chegar a un diagnóstico que permita establecer o tratamento máis eficaz para cada mascota.
CIRURXÍAS XERAIS E ESPECIALIZADAS
- Dispomos de quirófano equipado con anestesia inhalatoria, equipo de reanimación con oxixenoterapia e monitorización.
- Realizamos cirurxías rutinarias tales como esterilizacións, toma de mostras para biopsias baixo anestesia, cirurxía cutánea, limpezas bucais… e tamén cirurxía especializada como a traumatolóxica, oncolóxica e de tecidos blandos.